Escoitar

Caballero eloxia a vontade política de "recuperar o municipalismo" da ministra Meritxel Batet

O presidente da FEMP e a ministra de Política Territorial e Función Pública falarán o próximo martes de flexibilización do teito de gasto, recuperación de competencias perdidas coa LRSAL, entre outros asuntos. En rolda de prensa, Caballero manifestou o seu recoñecemento á vontade política "de recoñecer o municipalismo en España".

xoves, 5 xul 2018
O presidente da FEMP, Abel Caballero, o próximo martes coa ministra de Política Territorial e Función Pública, Mertxell Batet. Así o anunciou esta mañá no marco dunhas declaracións nas que, ademais, manifestou o seu recoñecemento "á atención, o plantexamento e a vontade política de recuperar o municipalismo en España" amosada por Batet na súa recente comparecencia no Congreso dos Deputados na que tamén se referiu á autonomía municipal "a nosa gran demanda", en verbas de Caballero.

No encontro do martes traballarase sobre o proxecto de Lei de Medidas Urxentes ao que se referiu a ministra durante es intervención, unha actuación que, a xuízo de Caballero, "nos permitirá retomar a situación previa á LARSAL, recuperar aquelas competencias que esta lei nos arrebatou, as de política social ou as de sanidade". La LARSAL, Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local, aprobada polo anterior Executivo, "pon en precario accións municipais en materias como igualdade, a loita contra a violencia de xénero e outras accións en materia social", asegurou. A ministra, na súa comparecencia, anunciou medidas urxentes para devolver aos concellos as competencias que lles foron recortadas coa lei de 2013.

No marco da reunión, o presidente da FEMP e a ministra abordarán a flexibilización da regra de gasto, un dos actuais frontes de traballo da Federación. A posición manifestada por Batet neste tema atópase en "sintonía total co municipalismo español e coas posturas que prantexamos na FEMP" porque, subliñou Caballero, "vainos permitir facer máis política social desde os concellos en favor dos cidadáns.

A cita será, ademais, a preparación dunha próxima entrevista co presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, "para falar do desenvolvemento de todas estas cuestións, unha gran noticia. É unha nova dimensión da política municipal", destacou.