Escoitar

O Concello outorga 20.000 euros á Fundación Amigos dos Maiores para reforzar á atención a este colectivo

Abel Caballero asinou esta mañá un convenio coa Fundación Amigos dos Maiores por 20.000 euros para ofrecer apoio afectivo a persoas de máis idade que viven soas. Trátase dunha iniciativa que complementa outras accións municipais de apoio a este colectivo como é o Servizo de Axuda no Fogar, o Xantar na casa ou o programa de Avellentamento activo.

xoves, 5 xul 2018
1530803821mayores.JPG
O Concello adica 20.000 euros á Fundación Amigos dos Maiores para levar adiante conxuntamente un programa de apoio afectivo das persoas de máis idade, que inclúe o acompañamento e actividades de ocio inclusivo como saídas, encontros, excursións adaptadas ou participación en festas tradicionais.

Con este convenio procúrase ofrecer apoio afectivo aos maiores que sofren de soidade co acompañamento no propio domicilio ou en residencias, ademais de favorecer a integración do colectivo en actividades de grupo adaptadas ás súas necesidades.

O Concello de Vigo, recordou Caballero, leva adiante outras accións dirixidas ao apoio e mellora da calidade de vida dos maiores, como o Servizo da Axuda no Fogar, o Xantar na Casa, o Avellentamento Activo, a Teleasistencia Domiciliaria ou os Coidadores de Barrio, entre outros. Segundo detallou o alcalde, o usuario medio deste programa son mulleres que viven soas e teñen máis de 85 anos.
Descargar todas as imaxes