mércores, 10 feb 2016
Este mércores, durante a presentación do VI Salón de Vehículo Clásico e de Época, que terá lugar este sábado e domingo no IFEVI, o alcalde saudou este evento "importantísimo" en Vigo, como "cidade do automóbil". A cita prevé reunir 600 vehículos clásicos, máis de cen expositores e unha ampla presenza de clubs e coleccionistas.
martes, 9 feb 2016
O rexedor criticou este martes as declaracións realizadas polo seu homólogo de Oporto, contrario á próxima implantación da ruta aérea entre Vigo e Lisboa, porque "van contra o libre mercado e ameazan seriamente a unha empresa" e pídelle á ministra Ana Pastor que actúe ante a Unión Europea contra esta agresión á cidade.
luns, 8 feb 2016
<br />
Abel Caballero recibiu este luns a unha representación do equipo da Universidade de Vigo que a temporada pasada deseñou un monopraza para a competición universitaria de Fórmula 1 e apuntou a conveniencia de que se "reforce o proxecto ampliando a presenza de empresas e institucións".
mércores, 3 feb 2016
O goberno municipal deu lectura este mércores a un comunicado de apoio a Carmela Silva no que denuncia os "insultos vergonzosos, intolerables e machistas" que recibiu a primeira tenente de alcalde e presidenta da Deputación por parte do tenente de alcalde de Moraña, Jorge Caldas, polo que lle "esixe" ao presidente da Xunta que o cese no seu cargo institucional "hoxe mesmo".
luns, 1 feb 2016
Abel Caballero inaugurou este luns a exposición "Mestres da Arte Viguesa", unha nova edición da iniciativa cultural Mostrarte que celebra os seus oito anos cunha proposta pictórica singular, reunindo obras dos principais artistas vinculados con Vigo, os máis representantivos e influentes do último século, como son Laxeiro, Lodeiro, Quesada, Solveira e Pulido, entre outros. <br />
venres, 29 xan 2016
O poeta Carlos Oroza xa ten unha rúa co seu nome na cidade, a ata o de agora coñecida como Travesía de Príncipe. Durante o acto de descubrimento da placa, o rexedor avanzou que o Concello está a traballar na conversión desta zona nunha praza.
mércores, 20 xan 2016
Abel Caballero e o artista Antón Pulido adiantaron unha xornada a celebración do Día Internacional da Aperta, que se conmemora mañá xoves. Con música do Cuarteto Caramuxo, o Concello reuniu na Praza de Peniche a un nutrido número de persoas que quixeron participar neste agarimoso acto.
mércores, 20 xan 2016
Logo do éxito de O Camiño dos Sentidos, protagonizado polo policía local Javier Pitillas, que percorre etapas do Camiño de Santiago con persoas con discapacidade, mañá estréase Diario dun camiño. A exhibición será no Auditorio Municipal ás 20,00 horas e conta, unha vez máis, co apoio do Concello, tal e como explicou o rexedor.
luns, 18 xan 2016
O centro de Vigo recibe hoxe luns ao autobús promocional da Feira do Cocido de Lalín, que ofrece degustacións ao público e conta coa colaboración dos novos valores da cociña lalinense. O alcalde salientou que é unha "magnífica ocasión" para probar un prato "excepcional" e invitou á cidadanía a achegarse a Lalín o 31 de xaneiro.
venres, 15 xan 2016
Abel Caballero apuntou que Vigo quere ser "cooperador" absoluto nesta campaña que impulsa a Organización non Gobernamental e que inclúe diversas accións de concienciación como unha exposición que chegará á cidade no vindeiro mes de maio.