O alcalde propón a sinatura dun convenio entre as partes para a Cidade da Xustiza

xoves, 25 feb 2016

Na rolda de contactos que mantén con diferentes entidades para abordar a instalación da Cidade da Xustiza no antigo Hospital Xeral, Abel Caballero recibiu hoxe ao xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, e á Asociación de Comerciantes das Travesas, a quen lles transmitiu que solicitará a ampliación do uso de biblioteca do solo no que estaba prevista inicialmente a construción, así como a petición á Xunta da cesión dos edificios actuais para fins socio-culturais.

Vigo celebra o Día de Rosalía coa divulgación da súa obra

mércores, 24 feb 2016

A lectura de poemas da escritora padronesa, a realización de actividades arredor da súa obra, teatro e un paseo literario conforman o programa que o Concello organiza para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro. Este mércores os escolares foron os protagonistas dun recitado de poemas no barrio do Calvario no que participou o alcalde.

Caballero aboga por un "gran pacto cidadán" para trasladar a Cidade da Xustiza ao Xeral

mércores, 24 feb 2016

O alcalde de Vigo defendeu a necesidade dun "gran pacto cidadán" para construir unha Cidade da Xustiza "grande, moderna e europea" no antiguo edificio do Hospital Xeral. Insistiu asimesmo, en que estes traballos de remodelación teñen que avanzar en paralelo á construción da Biblioteca do Estado nos terreos que o Concello ven de expropiar no Chouzo para construir a Cidade da Xustiza.

Caballero saúda a "capacidade excepcional" do alumnado do Colexio Barreiro

martes, 16 feb 2016

Preto de medio centenar de nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria do Centro Plurilingüe Barreiro visitaron este martes a casa consistorial, dentro do programa "Visita o teu Concello". No salón de Plenos municipal foron recibidos e conversaron co alcalde de Vigo, quen salientou a "capacidade excepcional" amosada polos escolares na diálogo e nas preguntas formuladas.

O goberno municipal cooperará na celebración na cidade de efemérides importantes de Portugal

venres, 12 feb 2016

O alcalde transmitiulle ao vicecónsul de Portugal en Galicia, Manuel Correia da Silva, a "inmensa vocación" de relación que ten a cidade con todo o país luso durante un encontro que mantiveron esta mañá na Alcaldía. No transcurso da reunión, Caballero ofreceulle "cooperación" na cesión de espazos públicos de cara á celebración en Vigo de actos e efemérides importantes en Portugal.