Escoitar

O Concello ultima os trámites para poñer en marcha a oficina de atención aos afectados polo accidente do Marisquiño

Caballero anunciou este luns que o Concello ultima os trámites para a creación da oficina de orientación a afectados polo accidente do Marisquiño, ademais de manter o 986810101 con atención as 24 horas.

luns, 20 ago 2018
1534770814AlcaldeMarisquiCastrelos.jpeg
O alcalde de Vigo informou este luns de que o Concello xa traballa para a posta en marcha dunha oficina de atención aos afectados polo accidente ocorrido hai unha semana durante a celebración do festival do Marisquiño.

"Iniciamos o venres a tramitación para poñer a disposición o antes posible", sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. Ademais, o rexedor explicou que segue en funcionamento as 24 horas dos día o teléfono 986 810 101 para resolver calquera cuestión que precisen os afectados.

Tamén a Oficina de Obxectos Perdidos, situada en Balaídos, dispón xa de todos os efectos persoais localizados na zona do porto tras o accidente e os interesados poden pasar a recoller os seus obxectos.
Descargar todas as imaxes