O goberno de Vigo adxudica provisionalmente o novo pavillón deportivo de Romil
Caballero informou este luns da clasificación das ofertas presentadas -antiga adxudicación provisional- para construír o novo espazo polideportivo que o Concello promove en Romil 77, fronte ao colexio Fleming, e para o que reserva 2,2 millóns de euros.
O goberno vigués ultima a tramitación previa ao inicio das obras do novo pavillón polideportivo de Romil, para o que adica máis de dous millóns de euros cun prazo de execución de 11 meses. A clasificación de ofertas é o paso anterior á adxudicación definitiva desta nova instalación deportiva municipal, que superará os 2.600 metros cadrados de superficie.
O novo espazo poderá ser empregado polo alumnado do CEIP Doutor Fleming, segundo indicou Caballero, "o maior colexio de Vigo" que presenta unhas "deficientes infraestruturas deportivas", unha responsabilidade da Xunta, anotou, que o Concello quere paliar co uso deste novo polideportivo. "Será polo tanto un pavillón de uso deportivo e de uso escolar", concluíu.
O alcalde recordou que a construción deste pavillón forma parte do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra para a mellora das instalacións deportivas da cidade, por importe total superior aos 12 millóns de euros. Neste marco, as administracións dirixidas por Abel Caballero e Carmela Silva promoven a renovación de campos de fútbol, dos pavillóns deportivos baixo a bancada de Río en Balaídos, a construción do novo pavillón de Quirós ou o proxectado para Matamá.
Zondal
O goberno de Vigo tamén validou a clasificación de ofertas para mellorar o firme da estrada do Zondal. O Concello conta ao efecto cun orzamento próximo aos 155.000 euros e prevé executar a reforma nun prazo estimado de dous meses desde o inicio da obra, tal e como anotou Caballero.