O alcalde subliña o crecemento do bus ao aeroporto, que pode superar os 50.000 usuarios este ano
A liña de autobús urbano que atende ao aeroporto de Vigo superou os 5.000 usuarios en xullo e os 27.000 nos primeiros sete meses do ano. Abel Caballero estimou que as cifras do 2018 superarán os anos anteriores e recordou que a Xunta adica 340.000 euros ao bus que conecta Santiago con Lavacolla e nada en Vigo: "non porque esteamos acostumados deixa de ser grave".
O aeroporto de Vigo está "batendo cifras de crecemento" de viaxeiros, recordou Caballero, e o mesmo está a acontecer na liña de autobús urbano, con máis de 5.000 viaxes o pasado mes de xullo e un acumulado nos sete primeiros meses do ano superior aos 27.000 usuarios.
Estes datos proxectan un 2018 mellor que os anteriores, valorou o alcalde. No 2016 empregaron a 9A máis de 34.000 persoas, cifra que superou os 44.000 no pasado 2017. A estimación municipal para este ano é superar os 50.000 usuarios, pois a liña "funciona extraordinariamente ben".
Abel Caballero anotou que a Xunta de Galicia destina 340.000 euros a subvencionar un autobús directo que une Santiago de Compostela co seu aeroporto, mentres que en Vigo se acordou co goberno de Núñez Feijóo un convenio similar do que "nunca máis se soubo". Así, a Xunta abona "cero euros" para un bus entre a cidade e Peinador mentres que si paga 340.000 euros para unha liña Santiago-Lavacolla: "non porque esteamos acostumados deixa de ser grave", censurou o alcalde.