Abel Caballero pide blindar as competencias municipais na reforma constitucional
En Madrid, o alcalde e presidente da FEMP asegurou este mércores no Fórum Europa que "a nova política chámase política municipal", puxo en valor á administración local como interlocutora de cidadáns e axentes económicos e defendeu aos pequenos municipios contra o despoboamento dos territorios
"Os concellos necesitamos unha Constitución que blinde a nosa capacidade política, as nosas competencias e a nosa capacidade de actuación", sinalou este mércores o alcalde de Vigo e presidente da FEMP no transcurso dun almorzo informativo no Forum Europa, organizado por Nova Economía e celebrado no Casino de Madrid. Ante máis dun centenar de asistentes, Abel Caballero defendeu unha reforma constitucional que asegure as competencias municipais e o papel que desempeñan os consistorios na actualidade.
O presidente da FEMP subliñou que, "cando se reforme a Constitución –que se reformará- hai que facer un debate a fondo sobre Corporacións Locais", porque, segundo explicou, os municipios de 2018 son moi diferentes aos de 1978: "Nestes 40 anos a acción política desde o ámbito local deu un envorco radical". E dos concellos que "escasamente" eran capaces de dar respostas a problemas básicos da cidades pasamos a concellos que son grandes actores da política. "Os concellos de 2018 son irrecoñecibles cando se comparan cos de hai 40 anos, e isto sinala novas necesidades e novos rumbos da política".
Para o alcalde vigués, "a Constitución do 78 garantiunos 40 anos de convivencia no noso país e foi capaz de levar adiante a transición política que fixo posible o cambio", pero tan só dedica aos municipios tres artigos no seu título oitavo, "un a falar da autonomía, outro a falar das Deputacións e outro a falar do financiamento".
Para Caballero, o protagonismo dos gobernos locais agora chega máis lonxe. "Os municipios avanzaron de forma excepcionalmente importante na prestación dos servizos. En 2018 o tradicional xa é só unha parcela da política municipal, porque agora xa entran outros factores como a economía, a industria, ou o I+D, a nova forma de entender procesos sociais, atender as grandes claves dos desenvolvementos sociais e económicos. Somos os interlocutores inmediatos de grandes procesos de desenvolvemento económico en España". E incidiu: "temos que prestar máis e mellores servizos e xa os estamos prestando. E calquera cidade que visitemos está a séculos luz dunha cidade de 1978. E ao mesmo tempo somos os que temos que estar a garantir ás nosas cidades prestacións de servizos afastadas de nós, pero que se nos reclaman (sanidade, medio ambiente, etc) Todos os ámbitos centrais da gran política teñen un reflexo inmediato nas grandes políticas locais. É a nova formulación dos Concellos, co engadido de que estamos nos Concellos 4.0, porque o 70% das tramitacións xa se fan de forma virtual, e todo isto –lamentou- sen practicamente atención desde outros ámbitos do Estado".
Xestores eficientes e rigorosos
"A crise serviu para saber quen é quen, para saber quen é rigoroso", sinalou Abel Caballero, destacando na súa intervención o traballo exemplar dos consistorios e o estrito cumprimento dos tres requisitos impostos desde 2012 en materia de déficit/superávit, débeda e teito de gasto, "fundamentais" para os resultados do Reino de España. O alcalde resumiu ademais o proceso de negociación desenvolvido pola FEMP ao longo destes meses para ampliar os capítulos para a reinversión do superávit, así como os compromisos adquiridos polo Goberno para a negociación en paralelo dos futuros modelos de financiamento autonómico e local ou os relativos á flexibilización do teito de gasto ("porque os que cumprimos queremos ter recoñecemento").
Caballero lembrou que, en materia de financiamento local, a capacidade fiscal dos concellos é facer que o 63% dos ingresos municipais sexan recursos propios, "son os nosos impostos, porque nós recadamos (as CCAA recadan o 30%). Somos un modelo. E desde a lexitimidade que nos dá o resultado e a rigorosidade, seguimos dicindo que este é o momento da política municipal, a política do diálogo, da proximidade a 47 millóns de cidadáns gobernados desde 8.125 concellos. A nova política chámase política municipal".
Defensa dos pequenos municipios
Abel Caballero, finalmente, defendeu a supervivencia dos pequenos municipios fronte a iniciativas de concentración. "Os pequenos concellos teñen un custo moi pequeno, case nulo. O problema no seu momento foron os grandes concellos con grandes débedas, non os pequenos concellos de España que, ademais, están a cubrir algo moi importante: están a tratar de evitar o despoboamento de zonas enteiras de España, un problema gravísimo que afecta a provincias enteiras".
Sobre esta cuestión salientou que "haberá que facer política para evitar iso, e a política para fixar a poboación ao territorio require recursos. E temos que afrontalo porque co despoboamento vén a desertización e a erosión. Cando o territorio está despoblado chegan as catástrofes, por exemplo ambientais".
Descargar todas as imaxes