O Concello adica 5 millóns de euros ao mantemento dos centros públicos de Infantil e Primaria
Caballero elevou hoxe martes a 5 millóns o orzamento anual que o Concello adica ao mantemento dos centros públicos de Infantil e Primaria. Seguindo coa infancia, deu conta tamén da prórroga do contrato para o coñecido coloquialmente como servizo de "canguros".
A Xunta de Goberno local deu luz verde ao procedemento para a xestión directa polos consellos escolares dos orzamento municipal de mantemento ordinario dos centros públicos de infantil e primaria. Esta partida de 287.000 euros está incluída no orzamento global de atención aos colexios, que ascende a 5 millóns de euros.
O rexedor tamén deu conta da aprobación da prórroga do contrato para o Servizo de Atención domiciliaria á infancia, cun orzamento de 158.198 euros. O chamado coloquialmente servizo de "canguros" está destinado a atención de menores de doce anos en situación de risco social e nestes momentos atende a 105 nenos e nenas e conta con 72 mulleres beneficiarias. Esta cantidade se suma a outra partida de 700.000 euros adicados á infancia polo que o orzamento elévase á un millón de euros.