martes, 13 mar 2018
Caballero elevou hoxe martes a 5 millóns o orzamento anual que o Concello adica ao mantemento dos centros públicos de Infantil e Primaria. Seguindo coa infancia, deu conta tamén da prórroga do contrato para o coñecido coloquialmente como servizo de "canguros".
martes, 13 mar 2018
O alcalde e presidente da FEMP, quen se reunirá este mércores coa ministra de Medio Ambiente, asegurou que é preciso garantir o abastecemento de auga a núcleos urbanos para evitar situacións como as vividas en Vigo hai uns meses. Na súa axenda en Madrid, Caballero tamén citarase coa alcaldesa, Manuela Carmena.
martes, 13 mar 2018
O alcalde celebrou unha reunión cos responsables da Federación Galega de Automobilismo, entrevista na que acordaron retomar a proba e a súa presenza en Vigo. Os boxes estarán posiblemente en Samil e Príncipe será o punto de saída do Rally, que se celebrará os días 11 e 12 de maio.<br />
martes, 13 mar 2018
As paredes da Alcaldía lucirán nas próximas semanas as obras de Diego de Giráldez, un dos máis prestixiosos artistas do país. Caballero, durante a inauguración, eloxiou a calidade das obras expostas e animou a todo Vigo a achegarse ás dependencias municipais para gozar da calidade dun pintor cun excepcional dominio da técnica. Unha vez máis, Mostrarte colaborara coa divulgación da expresión artística na nosa cidade. No acto desta mañá tamén estivo presente a presidenta da Deputación, Carmela Silva.