O Concello propón o inicio "inmediato" da construción da Biblioteca do Estado nos terreos municipais da rúa Lalín
O alcalde ofrecerá a sinatura dun convenio co Ministerio de Cultura para a construción dun edificio singular para o que o Concello cederá terreos por valor de 5 millóns de euros. Con esta fórmula non habería que esperar 4 anos para arrancar co proxecto, tal e como propón a Xunta.
O alcalde de Vigo enviará mañá unha carta ao Ministerio de Cultura na que proporá o inicio inmediato da construción da Biblioteca do Estado nos terreos que o Concello tivo que expropiar para que a Xunta construíra a Cidade da Xustiza, antes de que decidiran trasladala ao antigo Hospital Xeral. Tal e como explicou o rexedor, o goberno local cedería gratuitamente ese espazo continuo -entre o Camiño Chouzo e a rúa Lalín- que está valorado en 5 millóns de euros, ten unha extensión de máis de 6.000 m2 en planta e acceso por dúas vías públicas.
A proposta municipal suporía a construción dun edificio singular, de alto valor arquitectónico, tal e como require a posta en marcha destas dotacións culturais. Ademais, prevé a sintaura dun convenio de forma inmediata polo que o Concello achegaría os terreos e o Goberno Central tería que incluír unha partida de medio millón de euros nos orzamentos xerais que está a piques de aprobar. Desta forma, o proxecto quedaría blindado e protexido de futuros cambios nos gobernos centrais ou autonómicos. Unha vez elaborado o anteproxecto, a Lei Vigo permitiría cambiar a o uso do solo polo que nun ano podería estar a obra en marcha e, en dous, a Biblioteca funcionando.
Logo de cualificar de "chapuza" a proposta da Xunta de instalar a Biblioteca do Estado nun dos edificios que nestes momentos albergan os xulgados, Caballero explicou que a proposta municipal permitiría, ademais, adicar eses edificios a fins culturais e educativos, tal e como o Concello ven insistindo nos últimos tempos. De feito, o alcalde xa se referiu en varias ocasións á creación dun campus cultural no centro que iría desde a Biblioteca ata o Auditorio Mar de Vigo -onde está a UNED, pasando polas escolas de Enxeñaría Industrial e Empresariais.
Coa proposta municipal, insistiu o rexedor, "imos a obligalos" a sacar adiante o proxecto. Na súa opinión, o anuncio que ven de facer a Xunta de Galicia "non é máis que pura propaganda política" que fala do estudio dunha posibilidade pola que, en todo caso, habería que esperar 4 anos para o seu inicio.
Descargar todas as imaxes