O alcalde compromete unha axuda de 30.000 euros para o colectivo solidario co Pobo Saharaui

luns, 6 xul 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este luns aos representantes do colectivo Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, responsables de coordinar o programa Vacacións en Paz que trae a Galicia a nenos e nenas todos os veráns. O rexedor explicou que debido a que este ano non poden levarse a cabo as viaxes pola pandemia comprométese a aportar unha subvención de 30.000 euros para alimentación. “Están en situación límite e desde o Concello queremos axudar”, sinalou.

Caballero felicita ás empresas viguesas con proxectos de investigación sobre o Covid-19

venres, 3 xul 2020

Abel Caballero afirmou este venres estar orgulloso de varias empresas de orixe vigués que actualmente investigan en busca de solucións contra a pandemia do Covid-19. O alcalde mencionou a recente visita do ministro Pedro Duque ao Grupo Zendal, fundado en Vigo e con sede en O Porriño, que recibiu case 1 millóns de euros de subvencións para dous proxectos sobre a vacina do coronavirus, e tamén felicitiou a Pharmamar, que logrou un antiviral eficaz contra a enfermidade.

O goberno local pon o Auditorio de Castrelos a disposición dos grupos políticos para eventos electorais

luns, 29 xuñ 2020

Abel Caballero informou este luns de que o Concello de Vigo puxo a disposición dos grupos políticos o Auditorio ao Aire Libre de Castrelos co obxectivo de que poidan celebrar con seguridade os eventos relacionados coas Eleccións Autonómicas. Ademais, anunciou un novo pleno este mércores para sortear outras vez as mesas electorais debido ao gran número de renuncias recibidas.