Escoitar

Caballero felicita aos organizadores do Salón Automóbil de Vigo no seu 30 aniversario

O evento celebrarase do 30 de xuño ao 4 de xullo no Ifevi. Nesta edición, o salón reunirá a 34 marcas que presentarán todas as súas novidades en 27.000 metros cadrados do recinto feiral.

xoves, 24 xuñ 2021
Momento da presentación en rolda de prensa
Momento da presentación en rolda de prensa

Abel Caballero participou esta mañá na presentación do evento e felicitou aos responsables da organización, que este ano tiveron que postergar a data do evento, que adoitaba celebrarse na primavera.

“Hai 30 anos cando deu os seus primeiros pasos este salón, nin os máis optimistas soñarían con cumprir este aniversario. Por iso hai que felicitar aos organizadores, que lograron tecer un gran paraugas e axuntar a todas as marcas convertendo ao Salón nun dos grandes eventos de Vigo”, afirmou Caballero. Ademais, o rexedor recoñeceu a súa valentía “para aguantar como heroes nestes tempos difíciles”.

Caballero valorou tamén o potencial do Ifevi, “que funcionou tan ben en todos estes anos como unha institución compartida”. Lembrou que aínda que esta situación cambiou e “agora está controlado por un organismo único, confiemos en que siga facéndoo ben”.

Na presentación estiveron presentes, entre outros, o presidente do salón, a presidenta da Deputación, Carmela Silva; a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias; o delegado de Zona Franca, David Regades, e representantes de Abanca e do Ifevi.

As entradas ao Salón do Automóbil manteñen o seu prezo: 7,5 euros a entrada xeral e os nenos ata 10 anos, entrada gratuíta.

Descargar todas as imaxes