martes, 22 xuño 2021

O Concello achega 30.000 euros á organización do Rally Rías Baixas

martes, 22 xuñ 2021

O alcalde mantivo unha xuntanza este martes con Chema Rodríguez, xerente de Recalvi e organizador do Rally Vigo-Rías Baixas e con Camilo Lobato, a quen lles trasladou a cooperación municipal coa proba que se desenvolverá do 23 ao 25 de xullo, na que será a súa 54 edición. “É un rally excepcional, vamos a cooperar con 30.000 euros porque nos gusta ese deporte e queremos que a cita teña unha presenza significativa na cidade”, declarou o rexedor.