Escoitar

O Concello inviste 55.000 euros na renovación de practicables de ximnasia nas Travesas e na ETEA

O goberno local vén de instalar un novo practicable para a ximnasia rítmica no Pavillón das Travesas, unha dotación que se suma á que xa está operativa na ETEA, nese caso, para ximnasia acrobática. O importe de ambas dotacións ascende a 55.000 euros.

luns, 21 xuñ 2021
O alcalde na súa visita ao adestramento do Flic Fla no Pavillón das Travesas
O alcalde na súa visita ao adestramento do Flic Fla no Pavillón das Travesas

O alcalde achegarase esta tarde ao practicable para ximnasia rítmica que o Concello vén de instalar no pavillón Vermello das Travesas para que o usen as deportistas do clube Maniotas e os alumnos das escolas deportivas. Na mesma liña, pero para a práctica da ximnasia acrobática, goberno local instalou recentemente na ETA outro practicable o que elevou o investimento municipal para estas dotacións aos 55.000 euros.

 

Descargar todas as imaxes