Glenda León expón no MARCO a obra “Música das formas”
O Alcalde inaugurou a exposición e salientou que será un éxito.
O MARCO acolle ata o 31 de outubro a exposición da artista Glenda León “Música das formas” que articúlase en dous espazos que trazan un percorrido por obras clave na traxectoria de Glenda León –instalacións, series de debuxos, esculturas, fotografías, obra sobre papel, instalacións in situ– dende 2008 ata a actualidade, que combinan diferentes técnicas e soportes.
A montaxe e disposición das obras saca partido das peculiaridades das salas do Museo, en diálogo sutil cos espazos, adaptando as pezas ás súas dimensións, trazado e altura, cunha obra producida especificamente para este proxecto –Xardín emocional (2011-2021)– que debuxa unha liña lonxitudinal ao longo do podio central da primeira sala.
Tras o seu paso polo MEIAC de Badaxoz, a artista Glenda León chega a Vigo coa exposición Música das formas, que completa a programación do MARCO para esta tempada.
Glenda León (A Habana, Cuba, 1976), que estudou ballet clásico, filoloxía e historia da arte na Habana, comezou a expoñer en 1999.
Tamén en materia cultural, a Xunta de Goberno Local aprobou o convenio coa Deputación de Pontevedra para realizar a exposición “Xela Arias. A poesía do retrato” cunha achega de 11.000 euros.
Abel Caballero avanzou que “desenvolverase no Museo Verbum o segundo semestro do ano con fotografías e poemas da autora”