Escoitar

O goberno de Vigo impulsa a danza en Vigo co proxecto “Vigo Bailando”

Ofrecerá unha decena de actuacións por todos os barrios da cidade durante este verán

xoves, 24 xuñ 2021

Caballero presentou esta mañá o proxecto “Vigo bailando”, que lanzan desde o Concello para potenciar a danza. Deste xeito, o consistorio promocionará diversos actos entre os que destaca o primeiro encontro de danza da cidade de Vigo: Vigo Bailando 2021.

Este encontro celebrarase durante todo o verán en distintas zonas e barrios de Vigo e consistirá en case unha decena de actuacións protagonizadas polas escolas de danza viguesas.

“Nestes momentos participan xa 59 escolas, case a totalidade das que hai na cidade, e queremos que en pouco tempo todas elas formen parte do proxecto”, destacou o alcalde. Caballero asegurou que o nivel da danza en Vigo “é excepcional” e por iso queren seguir impulsando a danza con este novo proxecto.

Descargar todas as imaxes