martes, 2 xuñ 2020
O Concello abriu onte o período de consulta pública para que a cidadanía poida achegar a súa opinión sobre a ordenanza de praias ata o próximo 12 de xuño. O alcalde avanzou que este ano vai quedar esta normativa, unha vez reactivada a tramitación das praias libres de fume tras a paralización debido á pandemia.
martes, 2 xuñ 2020
O Concello de Vigo concedeu nas últimas tres semanas un total de 615 novas autorizacións para ampliacións de terrazas ou ampliacións das xa existentes. Desde o anuncio feito en maio hai 101 terrazas novas, mentres que outras 415 son ampliacións ou renovacións de permisos anteriores.
luns, 1 xuñ 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación das obras de humanización dos espazos próximos á estación do AVE, á futura terminal de autobuses e ao centro comercial de Vialia e accesos. Os traballos inclúen actuar sobre as canalizacións e a renovación da superficie, segundo explicou Abel Caballero.
luns, 1 xuñ 2020
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este luns en rolda de prensa telemática que tanto os museos da cidade como a Biblioteca Neira Vilas reabrirán este 2 de xuño con todas as medidas marcadas na normativa sanitaria vixente. O uso de máscara e o respecto da distancia social serán obrigatorias en todas instalacións municipais.
venres, 29 mai 2020
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este venres en que os cidadáns deben manter as medidas de distancia social, hixiene e uso de máscara no caso de que non sexa posible gardar afastamento persoal. “O coronavirus non pasou e pode haber un repunte”, advertiu.
venres, 29 mai 2020
O alcalde mantivo un encontro por videoconferencia con 52 organizacións do ámbito social de Vigo para coñecer as súas necesidades e trasladarlles que contarán co apoio municipal mentres persistan as consecuencias da pandemia.
xoves, 28 mai 2020
O alcalde de Vigo mantivo este xoves unha reunión cos representantes das escolas de danza na cidade para analizar o impacto da crise sanitaria e estudar medidas de cara á reactivación.
xoves, 28 mai 2020
O goberno local insta á Xunta a continuar coa tramitación da Avaliación Estratéxica Ambiental unha vez que o Concello enviou á Xunta as aclaracións que lle solicitou sobre o PXOM. O Concello xa enviou o informe coas puntualizacións requiridas, ademais do texto refundido do borrador e o documento inicial estratéxico.
xoves, 28 mai 2020
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves o expediente de contratación para o mantemento do leito do río Lagares. Vigo asumirá así limpeza de toda a conca do Lagares para manter o curso do río en bo estado. A licitación dos traballos, que se levarán a cabo en verán, saen cun investimento de 112.000 euros.
mércores, 27 mai 2020
Comenzaron hoxe os 10 días de loito oficial decretado polo Concello en solidariedade coas persoas que perderon a vida durante esta crise sanitaria. Na sesión plenaria desta mañá, ás 12,00 h, os corporativos gardaron un minuto de silencio en memoria das vítimas da pandemia.