Escoitar

O Concello homenaxea a cinco mulleres deportistas viguesas na medianeira de Expostas

O alcalde e Carmela Silva visitan este martes o mural situado en Mestre Chané número 9, unha obra que forma parte do VII Programa municipal de arte na rúa, que suma xa preto de 150 creacións en toda a cidade.

martes, 13 xul 2021

O rexedor explicou en rolda de prensa que a medianeira é a “nosa mensaxe e a homenaxe” ás mulleres deportistas da cidade representadas por Elena Casal, María José Martínez Patiño, Susana Rodríguez Gacio, Carolina González Portela e Carla Abad.

O colectivo Expostas, conformado por Vanesa Álvarez, Lorena Arévalo, Cristina Navia e Susana Maceiras, asina esta obra de arte na rúa incluída no VII Programa municipal de medianeiras co que o Concello conseguir “rexenerar zonas enteiras da cidade. É un programa de arte na rúa importantísimo porque é unha forma de recuperar, rexenerar e humanizar a cidade”.

Este ano o programa inclúe 15 novas obras asinadas por 15 artistas: AEC Interesni Kazki na Rúa José Fiaño Señor, 12; Elisa Capdevila en Travesía de Vigo, 85; SAN (Daniel Muñoz), en Paulino Freire, 1; Expostas (Vanesa Álvarez, Lorena Arévalo, Cristina Navia e Susana Maceiras), en Mestre Chané, 9; Honey (Miguel Cajaraville), Beiramar, 115; ARYZ (Octavi Arrizabalaga) en Pablo Iglesias, 20; Xoana Almar no CEIP Emilia Pardo Bazán; Taquen en Avenida Balaídos, 31; Fundación Igual Arte, no muro Urbanización Sotavento (Paseo de Bouzas); Amaia Arrazola no Pavillón Carballal; Ana Taratiel no IES O Castro; Dispersa (Alejandra Tomei) nas escaleiras Quintela en Castelao; Roberto Argüelles no Muro CEIP Mestres Goldar; Davida (David Amoedo) nas escaleiras de Seara e The Caver (Nuno Barbedo) nas escaleiras de Hispanidade.

Abel Caballero sinalou que o Concello leva realizados “preto de 150 murais na cidade, sendo xa unha das cidades europeas con máis arte na rúa”.

Descargar todas as imaxes