Escoitar

Abel Caballero mantén unha xuntanza co rexedor de Logroño, Pablo Hermoso de Mendoza

Ambos falaron sobre a importancia da participación dos municipios na repartición dos fondos de recuperación, transformación e resiliencia á hora de abordar a transformación dixital e verde da economía española. O rexedor logroñés agradeceu ao seu homólogo vigués o esforzo que a FEMP está a realizar para que todos os ministerios sexan sensibles ao enfoque municipalista á hora da repartición e asignación dos fondos europeos de recuperación, como xa sucede no Ministerio de Movilidad, Transporte e Axenda Urbana ou no Ministerio de Turismo, Industria e Comercio con manifestacións de interese e futuras convocatorias vinculadas aos municipios españois. Noutro orden de cousas, tamén lle trasladou a súa admiración polo desenvolvemento permanente de Vigo. “Cada vez que veño a Vigo a mellora é evidente. Este ano puiden ver a reforma da Gran Vía con escaleiras mecánicas que favorecen ao peón, e a reforma en marcha da zona de Porta do Sol que habilitará máis de 8.000 metros cadrados de espazo público, unha cidade para a xente”, afirmou Pablo Fermoso de Mendoza.

martes, 20 xul 2021
Descargar todas as imaxes