O alcalde visitou hoxe martes o inicio dos traballos de derrubo da antiga cafetería do paseo de Samil, areal que gañará case que 600 metros cadrados de novo espazo verde unha vez conclúa a obra. Caballero subliñou que os operarios aplaudiron a decisión de tirar a estrutura, dado o “estado de deterioro” do cemento.
A Xerencia de Urbanismo aprobou definitivamente este martes a modificación puntual do Plan Xeral para a reordenación do Barrio do Cura, que será validado polo Pleno este mesmo venres. Caballero mostrou a súa “gran satisfacción” por unha “importantísima” decisión: “Levamos máis de 25 anos agardando por este momento”.
O alcalde cifrou en 3.556 as solicitudes recibidas. Isto supón un 13% máis que o ano anterior e reiterou que “non hai límite para estas becas e todos aqueles que cumpran os requisitos terán a axuda municipal”.
Abel Caballero saudou aos nenos e nenas que partiron dos peiraos para facer diferentes rutas e coñecer a Ría de Vigo. En total saíron máis de 350 persoas en tres barcos: o primeiro foi o “Desembarco Cíes”, logo o Nautilus cunha explicación educativa e divertida sobre o mar e por último “Un mar de Verne”, con diferentes temáticas como literatura, historia e recursos naturais. Durante o verán poderán desfrutar destas actividades 5.750 persoas.
Ambos falaron sobre a importancia da participación dos municipios na repartición dos fondos de recuperación, transformación e resiliencia á hora de abordar a transformación dixital e verde da economía española.
O rexedor logroñés agradeceu ao seu homólogo vigués o esforzo que a FEMP está a realizar para que todos os ministerios sexan sensibles ao enfoque municipalista á hora da repartición e asignación dos fondos europeos de recuperación, como xa sucede no Ministerio de Movilidad, Transporte e Axenda Urbana ou no Ministerio de Turismo, Industria e Comercio con manifestacións de interese e futuras convocatorias vinculadas aos municipios españois.
Noutro orden de cousas, tamén lle trasladou a súa admiración polo desenvolvemento permanente de Vigo. “Cada vez que veño a Vigo a mellora é evidente. Este ano puiden ver a reforma da Gran Vía con escaleiras mecánicas que favorecen ao peón, e a reforma en marcha da zona de Porta do Sol que habilitará máis de 8.000 metros cadrados de espazo público, unha cidade para a xente”, afirmou Pablo Fermoso de Mendoza.