martes, 2 ago 2022
O alcalde explicou que o Grupo Stellantis estará na asignación definitiva do PERTE do VEC cando inclúa o xemelgo dixital na súa solicitude. Abel Caballero tamén manifestou que o grupo automobilístico recibirá “proximamente” a notificación da transferencia para que a planta de Stellantis en Vigo vea satisfeitas as súas demandas.
luns, 1 ago 2022
A cita será o mércores 3 de agosto a partir das 21:00 horas no aparcadoiro do Museo Verbum na praia de Samil. Abel Caballero presentou o cartel en rolda de prensa xunto ao director xeral do Grupo Radio Vigo, Eugenio González de Haz, e o xefe de emisoras musicais de Radio Vigo, Salvador García Cal.
venres, 29 xul 2022
As Entidades Locais recibirán en 2023 máis de 23.000 millóns de euros. O alcalde expuxo que as comunidades autónomas deben transferir fondos europeos correspondentes aos gobernos locais.
xoves, 28 xul 2022
Abel Caballero avanzou esta mañá que o Concello volverá a por a disposición da cidadanía ao redor de 400 reservas de Sting que quedaron pendentes. Sairán este venres as 10:00 horas na billeteira do Auditorio Municipal da Praza do Rei.
xoves, 28 xul 2022
“Pedirei ao Goberno de España que exerza o seu labor no diñeiro que ha de chegar das Comunidades Autónomas”, avanzou Abel Caballero. A Comisión Nacional de Administración Local reúnese ás 8 desta tarde no Ministerio de Política Territorial.
mércores, 27 xul 2022
Esta semana comezou a posta en marcha dos preparativos para a edición de 2022 do festival urbano. Como novidade este ano inclúese o entorno de Samil como sede da proba da World Cup Skateboarding.
mércores, 27 xul 2022
O rexedor recibiu á nova directiva de ANFACO-CECOPESCA na Alcaldía. É a primeira xuntanza desde a súa toma de posesión, co presidente, Iván Alonso, e o secretario xeral, Roberto Alonso. A reunión foi cordial, para aproximar posturas e abordar vías de colaboración entre a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e o Concello. Abel Caballero compartiu con eles as vistas á ría de Vigo que teñen as dependencias municipais. ANFACO é "unha organización centenaria, nacida no mar e esta cidade e que aposta polo valor compartido", sinalan desde a entidade.
martes, 26 xul 2022
Esta mañá presentouse no Concello o programa de actividades do Cristo da Victoria, que volverá a procesionar pola rúa Príncipe e estreará a humanización de Porta do Sol o domingo 7 de agosto ás 19:30 horas.
venres, 22 xul 2022
O rexedor vigués comunicou esta maña que tras realizar os estudos pertinentes, o estadio de Balaídos poderá cumprir con todos os requisitos.
venres, 22 xul 2022
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a segunda prórroga anual do contrato de subministro e servizos da iluminación decorativa do Nadal 2022-2023.