Abel Caballero: "Queremos que Vigo sexa sede da última proba do campeonato do mundo de tríatlon paralímpico"

mércores, 20 set 2023

Esta mañá o rexedor recibiu a Susana Rodríguez Gacio, campioa paralímpica de tríatlon adaptado en Tokio 2020, e ao presidente de la Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo. O rexedor explicou que na reunión se propuxo a posibilidade de que Vigo albergue unha proba do campionato do mundo de triatlón paralímpico, "que sexa puntuable para os Xogos Olímpicos de París 2024". Caballero mostrou o seu desexo de que sexa o último, "para que os deportistas veñan buscando lograr as marcas clasificatorias".

O alcalde saúda aos axentes da Policía Local que participarán no "European Police & Fire Games 2023"

mércores, 20 set 2023

Abel Caballero saudou esta mañá ao equipo da Policía Local de Vigo que participará, do 29 de setembro ao 7 de outubro, na competición "European Police& Fire Games 2023", que se celebrará na localidade alacantina de Torrevieja. O rexedor entregou unha bandeira de Vigo aos 23 axentes que participarán en competicións de crosssfit, atletismo, natación, padel e fútbol .

O alcalde felicita a Hermasa polo seu 50 aniversario

mércores, 13 set 2023

O rexedor vigués acudiu esta mañá ao acto de celebración do 50 aniversario de Hermasa, no que destacou que "cincuenta anos despois a idea xerminou, colleu corpo e agora é un referente", culminando coa "consolidación dunha marca". Hermasa é unha empresa que dende Vigo "cambiou o mundo da conserva" ao desenvolver e introducir no sector o máis avanzado en electrónica, automatismos e intelixencia artificial.

Caballero reclama á Deputación de Pontevedra manter todos os investimentos pactados para Vigo nos últimos 8 anos

mércores, 13 set 2023

O alcalde anuncia a súa man tendida ao goberno do ente provincial, e advirte que irá ao choque político se Luis López Diéguez toma decisións en contra dos intereses de Vigo. Caballero espera que se manteñan os convenios que conlevaron unha transferencia anual de 5 millóns de euros para obras, así como que asuma o convenio que está en vigor para financiar a reforma do estadio de Balaídos.

Abel Caballero participa na apertura do curso académico universitario

venres, 8 set 2023

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolleu o acto solemne de inauguración do curso 2023-2023 no que estiveron presentes os reitores das tres universidades galegas, ademais de diferentes autoridades políticas. A lección inaugural correu a cargo do profesora doutora Yolanda Herranz Pascual quen ofreceu unha conferencia que leva por título "El autorretrato (del artista): Sombras, Reflejos y Reflexiones"