O alcalde avanza o "reforzo" da Festa do Marisco de Vigo que se celebra do 5 ao 8 de setembro

martes, 6 ago 2019

Abel Caballero mantivo un encontro este martes coa organización de VIGOMAR, Festa do marisco de Vigo na que acordaron o "reforzo" do evento "tanto na forma como na divulgación" dotándoo, por exemplo, dunha dunha compoñente cultural dado que, en palabras do rexedor, "somos unha grande cidade turística e os eventos turístico-gastronómicos son un cheo total". Así, convidou á cidadanía viguesa e de toda España a vir degustar "o mellor marisco do mundo", entre o 5 e o 8 de setembro.

O rexedor convida á cidadanía a celebrar o Día de Galicia en Castrelos

luns, 29 xul 2019

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa lerá o bando do Día de Galicia en Vigo, nun acto que o Concello organiza mañá martes ás 21 horas nos xardíns do Pazo de Castrelos con entrada libre para tódalas persoas que queiran sumarse. "Rompemos a tradición antiga e entra todo aquel que queira", apuntou Abel Caballero, que reiterou o seu convite "a toda a cidade" a participar desta celebración que contará tamén cunha actuación musical.

O reitor da Universidade de Vigo lerá o Bando do Día de Galicia

martes, 23 xul 2019

O alcalde informou hoxe de que Manuel Reigosa, "un grande reitor, cheo de ideas", lerá o pregón do Día de Galicia en Vigo, e apuntou que "estamos encantados de que teña aceptado ser o lector do Bando" no acto que o Concello organiza o próximo martes, 30 de xullo, ás 21 horas no Pazo Quiñones de León en Castrelos. O evento será aberto a toda a cidadanía que queira sumarse á celebración do 25 de xullo en Vigo.

O rexedor reúnese co Valedor do Cidadán, Luis Espada

luns, 22 xul 2019

Abel Caballero mantivo un encontro este luns con Luis Espada, o Valedor do cidadán, con quen tivo a oportunidade de analizar a situación de Vigo, abordando algúns dos asuntos de actualidade na cidade así como de avanzar proxectos no referente á defensa dos intereses e dereitos da veciñanza, o ámbito competencial do Valedor.