Alcaldía
O Concello trata de minimizar o impacto do incendio na piscina de Teis que provocou “danos significativos”
luns, 30 mai 2022Á espera do informe que emita a Policía Científica, logo da inspección realizada na mañá deste luns nas instalacións, o alcalde avanzou que a piscina permanecerá pechada “algún tempo” polo que se está reasignando aos usuarios.
Vigo ilumina de azul as fontes de Aragón polo Día do Paciente Celíaco
venres, 27 mai 2022O Concello e a Asociación de Celíacos de Galicia en Vigo colaborarán nun programa de apoio ás persoas que sofren a enfermidade celíaca.
O alcalde eloxia a elección de Vigo como sede do congreso “Pescado, fonte de alimentación saudable”
xoves, 26 mai 2022Abel Caballero participou este xoves na apertura dun foro que reúne na cidade a expertos de saúde, nutrición, consumo e comunicación, organizado por Interfish España. O rexedor aplaudiu a idea da xornada e defendeu a excelencia do peixe como hábito alimenticio saudable.
Abel Caballero aplaude a traxectoria centenaria de Talleres Carral
xoves, 26 mai 2022No marco da feira de Navalia, o alcalde eloxiou ao equipo humano, o coñecemento e os produtos que sosteñen os cen anos desta empresa, agora integrada en Industrias Ferri, que este xoves celebrou a efeméride coa presenza do alcalde de Vigo, do delegado da Zona Franca e do rexedor de Gondomar, entre outras autoridades.
O alcalde acompaña a Felipe VI na inauguración da Cidade da Xustiza
martes, 24 mai 2022Abel Caballero formou parte da comitiva que esta mañá acompañou ao rei Felipe VI na inauguración da Cidade da Xustiza de Vigo. Na visita tamén estiveron presentes outras autoridades como a ministra de Xustiza, Pilar Llop; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; ou presidente do Tribunal Supremo e do CGPJ, Carlos Lesmes.
Abel Caballero visita NAVALIA xunto ao Rei de España
martes, 24 mai 2022O alcalde participou na inauguración da VIII Feira Internacional NAVALIA xunto ao Rei de España e outras autoridades na que visitaron conxuntamente os stands de Abanca (empresa organizadora de NAVALIA), Ibercisa, Navantia, Metalships, Freire Shipyards, Grupo Emenasa, Siemens, Cardama, Astilleros Armon, Bombas Azcue, Gondán, Nodosa e Industrias Ferri. A Feira, referente para o sector naval, NAVALIA abre as súas portas con case 400 expositores e 900 marcas representadas. Ademais, a feira incrementa as cifras de participación estranxeira, xa que os expositores internacionais medran un 20% respecto a 2018. NAVALIA conseguiu converterse na primeira feira de España e situarse entre as tres primeiras do sur de Europa. A feira, de carácter bienal, celébrase cada dous anos, tratando mellorar, edición tras edición, as cifras crave e alcanzando novos retos.
O alcalde dá a benvida aos presidentes dos TSX de España que celebran as súas XVII Xornadas Anuais en Vigo
luns, 23 mai 2022Abel Caballero louva a acción da xustiza ante os 15 presidentes dos Tribunais Superiores de Xustiza de España presentes no evento. O rexedor agradece ao anfitrión, o presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, que elixira Vigo para celebrar o encontro.
Vigo será sede permanente da Mesa da Ciencia Pesqueira
luns, 23 mai 2022O alcalde saudou con entusiasmo o anuncio da ministra de Ciencia, Diana Morant, que trasladou aos medios de comunicación esta iniciativa que cualificou de “pioneira na transferencia do coñecemento entre o sector científico e a pesca”.
O alcalde pon en valor a cooperación institucional para a mobilización dos fondos europeos
venres, 20 mai 2022O Auditorio Mar de Vigo acolleu este venres o II Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación organizado por Asime coa participación de entidades, institucións e empresas abordando as estratexias da industria para a mobilización dos fondos europeos. No encontro, que contou coa intervención telemática da vicepresidenta primeira e ministra de Economía, Nadia Calviño, Abel Caballero eloxiou a capacidade demostrada por Asime no sector e avanzou que o Goberno de España traballa na inclusión de Stellantis nos proxectos da industria do automóbil. Amais, destacou a importancia da “cooperación total” para desenvolver os proxectos de dixitalización, dos Pertes, das accións nos sectores produtivos que se enmarcan nos fondos de recuperación.