Serrat actuará en Castrelos na súa xira de despedida
martes, 26 abr 2022O espectáculo "El vicio de cantar 1965-2022" chegará a Vigo o domingo 10 de xullo.
O espectáculo "El vicio de cantar 1965-2022" chegará a Vigo o domingo 10 de xullo.
O alcalde avanzou este martes a cronoloxía das viaxes previstas polo Concello para o estudantado do programa municipal de inmersión lingüística que levará ao Reino Unido e Irlanda a entre 2.500 e 3.000 alumnos da cidade entre xullo e novembro deste ano.
Abel Caballero interviu este luns no Pleno Nacional de Protección Civil, celebrado no Senado, no que se abordou, entre outros asuntos, o impulso da cultura da prevención e a campaña “Municipio Seguro”, así como a elaboración dun Plan Nacional de Redución do Risco de Desastres Horizonte 2035.
Di estar en contacto permanente co ministerio de Ciencia e Innovación e apunta a criterios obxectivos para que Vigo sexa a sede de coordinación de todos os institutos oceanográficos de España.
O alcalde anima aos participantes a aproveitar as xornadas para “compartir innovación e experiencias” e gozar da cidade
Abel Caballero asistiu este xoves á clausura do Foro Fundamental de talento e emprego que, organizado pola Fundación Mentor coa colaboración do Concello entre outras entidades, celebrou tres xornadas de mesas redondas, entrevistas e obradoiros no Auditorio Mar de Vigo. O encontro busca implantar o talento das novas xeracións, desde o estudantado universitario, ata o de FP e dos oficios e o rexedor animou á mocidade participante a aprender dos seus erros e mellorar de forma continuada os seus coñecementos.
O alcalde cifrou esta mañá en 2.258 millóns a débeda histórica da Xunta coa cidade desde 2009, ano no que Alberto Núñez Feijóo se alzou como presidente do Executivo galego. Vigo recibiu nos últimos 13 anos investimentos por valor de apenas 500 millóns a pesar de reunir ao 11% da poboación de toda Galicia.
O alcalde afirmou en rolda de prensa o seu apoio “total e inequívoco” a Stellantis na súa demanda da moi alta tensión eléctrica: “Mi acción política é a cidade de Vigo. Todo o que sexa bo para Vigo estarei ao seu lado”.
O alcalde anunciou en rolda de prensa que plantexará unha nova facultade de Medicina na cidade de Vigo “porque non se está a cumprir o acordo sobre a docencia hospitalaria” e cualifica a demanda de “imprescindible para o sur de Galicia”.
“Vigo ten que xogar un papel central no desenvolvemento e no futuro do Oceanográfico de España”, afirmou Abel Caballero, quen anunciou este luns que vai defender o centro vigués “con unllas e dentes”. O alcalde denunciou a inacción da Xunta e advertiu: “Exactamente igual que defendín esta cidade diante doutras institucións, agora defendereina diante do Goberno de España”.