Escoitar

O Concello traslada o seu apoio ao Sea Fest 2024

O alcalde reuniuse este mércores con Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, e con Hugo González García, xerente adxunto, para abordar a situación da pesca na cidade e a celebración do festival o vindeiro ano.

mércores, 6 set 2023

Abel Caballero trasladoulle a ARVI o apoio municipal ao desenvolvemento do V edición do Festival Arvi do Peixe, o Vigo Sea Fest 2024, que coincidirá coa celebración do 60 aniversario da cooperativa e “o Concello estará presente”.

O alcalde, Javier Touza e Hugo González abordaron a situación da pesca na cidade, tanto a fresca como a conxelada, poñendo en valor as “virtudes do produto”, a súa relevancia económica e a importancia da pesca respectuosa.

Descargar todas as imaxes