O goberno municipal aproba subvencións nominativas a entidades culturais por 345.200 euros
O alcalde deu conta esta mañá das achegas aprobadas na Xunta de Goberno a 5 entidades do ámbito da cultura que desenrolan actividades na cidade.
A Federación de Bandas de Música Populares de Vigo recibe unha subvención nominativa cun importe de 233.200 euros, para o desenvolvemento de tres programas: “Vigo, un mar de bandas”, “Vigo, bandas nos torreiros” e “Aulas de música”.
Abel Caballero tamén sinalou que “a Asociación Amigos da Ópera de Vigo recibe 80.000€” para axudar ao financiamento do programa “Outono lírico 2023”, co que “realizarán 8 eventos ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro”.
Tamén contarán cunha subvención nominativa de 20.000€ a Asociación Cultural Fundación Penzol para o desenvolvemento da exposición “Fundación Penzol: 60 pezas para 60 anos”; a Agrupación Fotográfica Galega recibe 8.000€, para o desenvolvemento do “XXVII Maratón Fotográfico 2023”, que se celebrará os próximos 30 de setembro e 1 de outubro, e finalmente, o Conservatorio Superior de Música de Vigoconta cunha achega de 4.000€ para o financiamento do “VII Festival dá música e as artes nas ondas 2023”.