martes, 5 set 2023
Máis de dúascentas persoas partiron desde a Estación Marítima este martes para coñecer o patrimonio natural e xeolóxico das Illas Cíes, no marco do programa organizado polo goberno municipal para as familias viguesas. O alcalde saudou á pasaxe e augurou que “vivirán un día completo” na illa con visita guiada, cun guía para cada 25 persoas, xincana e actividades para achegarse á riqueza do arquipélago. O Concello oferta 2000 prazas en nove barcos con viaxes nos meses de setembro e outubro.
martes, 5 set 2023
O alcalde deu conta dos convenios de participación cidadá aprobados na última Xunta de Goberno Local, no que se inclúen subvencións a 7 asociacións viguesas.