mércores, 6 setembro 2023

O Concello inicia as obras de renovación de Calexón Balado

O alcalde puxo a primeira pedra simbólica da obra de remodelación e humanización deste viario de uso peonil situado entre as rúas de Rosalía de Castro e Areal. A renovación inclúe a instalación de 7 novas árbores, así como a continuidade da de gran porte que ocupa actualmente o centro da praza.

O Concello traslada o seu apoio ao Sea Fest 2024

mércores, 6 set 2023

O alcalde reuniuse este mércores con Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, e con Hugo González García, xerente adxunto, para abordar a situación da pesca na cidade e a celebración do festival o vindeiro ano.