Xunta de Goberno Local
O Concello acometerá melloras no Calvario e Valadares por valor de case 400.000 euros
luns, 12 abr 2010O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe da aprobación en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local dos plans de seguridade e saúde das obras de ampliación da rede de saneamento de Valadares e construcción de beirarrúas no entorno da igrexa, ademais do das futuras beirarrúas da rúa Xílgaro, no Calvario. O goberno local validou asemade o plan de xestión de residuos da humanización de Manuel Álvarez.
O alcalde anuncia o inicio da humanización de Manuel Álvarez, a "máis importante da cidade" con 5,2 millóns de investimento
luns, 5 abr 2010Abel Caballero informou este luns da aprobación do plan de seguridade e saúde da mellora de Manuel Álvarez, "a humanización máis importante feita nunca nesta cidade" atendendo ao seu volume de investimento, que ronda os 5,2 millóns de euros. Os traballos de mellora na rúa, que xa deron comezo e que precisaron de expropiacións, estarán rematados no prazo de quince meses.
Abel Caballero asegura que as 22 novas unidades de renting duplicarán o número de coches da policía local
luns, 5 abr 2010O alcalde anunciou hoxe luns a proposta de adquisición de 22 novos coches polo sistema renting para a Policía Local de Vigo, aprobada pola Xunta de Goberno. O parque móbil actual do corpo de seguridade vigués conta 26 coches dos 66 vehículos totais, co que as novas unidades prácticamente duplicarán os existentes. O renting terá unha validez de catro anos, ata o 2014, cun orzamento de 250.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
xoves, 25 mar 2010ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 26 DE MARZO DE 2010:
O alcalde informa da licitación de dúas novas escolas infantís municipais que ofertarán 160 prazas
xoves, 25 mar 2010O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que a Xunta de Goberno ven de aprobar as inversións para a construcción de dúas novas Escolas Infantís municipais. A primeira delas estará na rúa Tomas Alonso, ofertará 80 prazas e contará con 270 metros cadrados e unha inversión de 246.000 euros.
Entidades e personalidades da cultura, a educación, a sanidade e a industria copan os Vigueses Distinguidos de 2010
martes, 23 mar 2010Nunha Xunta de Voceiros celebrada este martes, os tres grupos políticos con representación municipal (PP, PSOE e BNG) acordaron a designación para 2010 de sete novos Vigueses Distinguidos. Segundo informou o alcalde, éstes serán Aurelio Pérez, a Cooperativa de Armadores, Diálogos 90, Escolas Ramón Nieto, Fogar e Clínica San Rafael, Sociedade Helios de Bembrive e Teo Cardalda. O próximo xoves ratificaranse en Pleno as distincións e a Medalla de Ouro da Cidade, aínda por consensuar.