Xunta de Goberno Local
O goberno local aproba unha declaración de "apoio firme e consistente" ao Campus do Mar vigués
luns, 13 set 2010O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns do visto bo dado pola Xunta de Goberno Local a unha declaración municipal de "apoio firme e consistente" ao proxecto de Campus do Mar co que a cidade de Vigo opta, a través da súa Universidade, á distinción de campus de excelencia internacional.
O Concello acometerá melloras no Calvario e Valadares por valor de case 400.000 euros
luns, 12 abr 2010O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe da aprobación en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local dos plans de seguridade e saúde das obras de ampliación da rede de saneamento de Valadares e construcción de beirarrúas no entorno da igrexa, ademais do das futuras beirarrúas da rúa Xílgaro, no Calvario. O goberno local validou asemade o plan de xestión de residuos da humanización de Manuel Álvarez.
O alcalde anuncia o inicio da humanización de Manuel Álvarez, a "máis importante da cidade" con 5,2 millóns de investimento
luns, 5 abr 2010Abel Caballero informou este luns da aprobación do plan de seguridade e saúde da mellora de Manuel Álvarez, "a humanización máis importante feita nunca nesta cidade" atendendo ao seu volume de investimento, que ronda os 5,2 millóns de euros. Os traballos de mellora na rúa, que xa deron comezo e que precisaron de expropiacións, estarán rematados no prazo de quince meses.
Abel Caballero asegura que as 22 novas unidades de renting duplicarán o número de coches da policía local
luns, 5 abr 2010O alcalde anunciou hoxe luns a proposta de adquisición de 22 novos coches polo sistema renting para a Policía Local de Vigo, aprobada pola Xunta de Goberno. O parque móbil actual do corpo de seguridade vigués conta 26 coches dos 66 vehículos totais, co que as novas unidades prácticamente duplicarán os existentes. O renting terá unha validez de catro anos, ata o 2014, cun orzamento de 250.000 euros.