O alcalde afirma que o vindeiro curso escolar abrirán catro novas garderías municipais en Vigo

luns, 8 feb 2010

Despois da Xunta de Goberno Local, Abel Caballero informou de que para o próximo curso 2010-2011, Vigo contará con catro novas escolas infantís na cidade, duplicando a oferta actual. Tres delas xa teñen ubicación -en Castrelos, en Bouzas e en Tomás Alonso- e a cuarta será anunciada próximamente. O goberno local deu este luns o visto bo á desafectación do local de Casiano Martínez para realizar obras de adaptación a gardería.

O alcalde anuncia que en seis meses estará implantada a simplificación administrativa no Concello de Vigo

luns, 21 dec 2009

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou hoxe luns que nun plazo de seis meses estará concluido o trámite de simplificación administrativa que obriga a utilización da tecnoloxía electrónica en todos os ambitos da burocracia municipal. Desta maneira no Concello de Vigo reduciranse os prazos, trámites e documentos para que así ese proceso encaixe na posta en marcha da ventanilla única nas dependencias municipais.

O alcalde asegura que os máis de 6 millóns en melloras de todas as parroquias "non teñen precedente" na historia de Vigo

venres, 18 dec 2009

Abel Caballero informou este venres da adxudicación de 25 proxectos de melloras en todas as parroquias de Vigo, aprobadas nas últimas 48 horas polo Concello en sendas Xuntas de Goberno Local extraordinarias. Os prazos de execución das reformas oscilarán entre dous e catro meses. Ademais, o alcalde informou das adxudicacións da cuarta fase da humanización de Travesía de Vigo e das rúas Tarragona e Regueiro, por un valor total de 2,4 millóns de euros.

O alcalde anuncia actuacións no rural vigués por valor superior ao medio millón de euros

luns, 14 dec 2009

Segundo indicou este luns Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local aprobou actuacións no rural por valor de 585.000 euros, como a adxudicación da construcción de beirarrúas en Subida á Madroa e na Baixada a Praia, e a instalación de case 600 novos puntos de luz no rural vigués. Ademais, o alcalde informou da concesión municipal de 105.000 euros de axuda á creación de 45 novas empresas.