Escoitar

A Xunta de Goberno Local da luz verde á pasarela ecolóxica no borde litoral de Teis

Abel Caballero informou hoxe mércores que os traballos arrancarán en dúas semanas e que nelas se investirán 875.646 euros. Ademais a Xunta aprobou tamén a adxudicación das obras da Avenida de Galicia que asumirá o goberno local a pesar de ser unha estrada de competencia autonómica. A contratación de persoal por ampliación do programa municipal de emprego UTIL e a modificación do proxecto da humanización de Manuel Álvarez son outros dos puntos aprobados este mércores.

mércores, 10 nov 2010
1289396578017.jpg
O alcalde de Vigo indicou este mércores que as obras da Pasarela Ecolóxica no borde litoral A Guía ata A Rotea están incluídas no proxecto de rexeneración urbana do barrio de Teis. Entre as actuacións previstas está a substitución de pavimento na praia da Punta e a reposición de pedra ata a praia de Ríos.

Outra das actuacións enmarcadas no Plan de rexeneración urbana de Teis é o proxecto de humanización da Avenida de Galicia, cuxas obras foron adxudicadas hoxe mércores na Xunta de Goberno. O alcalde salientou que o goberno municipal acometerá esta humanización por valor de medio millón de euros a pesar de ser unha estrada de competencia autonómica.

Segundo explicou o rexedor os traballos irán desde o número 1 ao 120 e pasará pola humanización da estrada e beirarrúa, a substitución de canalizacións e alumeado así como a renovación de pavimentos e a recuperación de espazos para os peóns.

No referido a emprego Abel Caballero indicou que a Xunta de Goberno deu luz verde a ampliación do programa UTIL "Unidades de Traballo para a Inserción Laboral" no marco do plan municipal de emprego. Para este programa, explicou, o goberno municipal aporta 110 traballadores fronte aos 92 da Xunta de Galicia.

O aprobado hoxe é a contratación, con cargo aos orzamentos municipais, de 35 persoas máis e cun investimento de 250.000 euros.

Manuel Álvarez
A Xunta de Goberno Local tamén deu o visto e prace á modificación "a custo cero" do proxecto de urbanización da rúa Manuel Álvarez -conexión da estrada vella de Madrid con Ramón Nieto- polas variacións producidas. Caballero lembrou que esta humanización é unha das máis ambiciosas da cidade superando os 5 millóns de euros de investimento.
Descargar todas as imaxes