Normalización Lingüística presenta en Cataluña a experiencia do programa de dinamización do galego na mocidade DuploR
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presentará mañá nas xornadas "Competencias, representacións e usos da lingua no ámbito xuvenil", organizadas pola Universidade Rovira i Virgili de Tarragona, a experiencia de dinamización da lingua galega a través do programa Duplo R, destinado a mozos e mozas. Segundo destacou a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, "Vigo está poñendo en marcha iniciativas novidosas, que tentan amosar que tamén se pode vivir en galego, e que noutros territorios queren poñer como exemplo".
O proxecto DuploR une dúas liñas aparentemente dispares como a tradición galega das regueifas e a expresión cultural urbana do rap e o hip hop. Coa participación nestas xornadas, dende Normalización Lingüística explicarase a pertinencia de desenvolver programas de dinamización do galego entre a mocidade nun contexto no que a castelanización é maior canto máis novos son os rapaces e as rapazas, situación que se agrava nas zonas urbanas.
Outro aspecto que a Concellería de Normalización Lingüística valorou para impulsar este proxecto foi que aínda que os mozos e mozas coñecen o galego, esta non é a lingua das relacións entre a xuventude, de xeito que cómpre estimular actitudes positivas para superar prexuízos e estender o seu uso.
Outras experiencias postas en marcha polo Concello de Vigo que se relatarán nas xornadas "Competencias, representacións e usos da lengua no ámbito xuvenil" son "Unha lección de cine", "Un mar de viñetas", "Curtas na aula", "Meu! Coñecéndonos, Descubríndonos", "Xincanas literarias" os obradoiros de regueifas e o certame escolar de regueifas.
Vigo presentará a súa experiencia nunhas xornadas que se desenvolverán durante dous días e que reunirá a destacados respresentantes da política lingüística de Cataluña, Euskadi, Valencia ou as Illas Baleares.