Escoitar

O alcalde traslada aos empregados de POVISA o seu apoio e demanda o mantemento dos postos de traballo

Abel Caballero recibiu novamente ao Comité de Empresa do centro hospitalario POVISA para transmitirlles o seu apoio ante a situación pola que atravesan os seus empregados. A dirección da empresa ten previsto presentar próximamente un Expediente de Regulación de Emprego que afectaría a 1.200 dos 1.500 traballadores, por non ter renovado o concerto sanitario co SERGAS.

mércores, 10 nov 2010
1289396880povisa.jpg
O alcalde de Vigo citou ao Comité de Empresa de POVISA para transmitirlles o seu apoio ante o ERE anunciado pola empresa que afectaría á práctica totalidade dos traballadores do centro. Caballero reclamou á Xunta de Galicia que solvente a incertidume pola que están a atravesar os profesionais sanitarios dun centro que atende a 143.000 persoas, e garanta tanto a calidade sanitaria da área metropolitana viguesa como os postos de traballo actuais.

O concerto sanitario entre o SERGAS e POVISA foi suscrito no ano 2000 e finaliza o 31 de decembro do presente ano. A non renovación deste é a causa que esgrime a empresa para presentar un Expediente de Regulación de Emprego que pode deixar sen traballo a 1.200 traballadores.
Descargar todas as imaxes