venres, 12 nov 2010
O alcalde acudiu hoxe venres ao antigo chalé Agarimo, en Beade, onde o Concello está a construir unha escola de música para os ensaios da banda da parroquia e para a formación cultural dos rapaces e rapazas. Caballero indicou que esta nova dotación presentaba "moita demanda" na zona e anunciou que o proxecto inicial será ampliado, en coordinación coa formación musical de Beade.
venres, 12 nov 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, expresou este venres o seu compromiso co Museo Liste no seu traballo de recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico de Vigo. O nacionalista asegurouno tras a sinatura do convenio co director da Fundación, Olimpio Liste, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, que ascende a 96.000 euros.
venres, 12 nov 2010
Abel Caballero fixo este venres entrega da licenza de primeira ocupación das 145 vivendas que conforman a cooperativa que promove o sindicato UGT en Vigo, un edificio que está situado en Navia. Os pisos, tras a autorización urbanística concedida, poderán ser ocupados en 10 ou 15 días, asegurou o alcalde.
venres, 12 nov 2010
O alcalde, Abel Caballero, acudiu na mañá deste venres ao Centro de Saúde de Coia, onde se imparte clases do curso de Sistemas de Retención Infantís para futuros pais e nais. O rexedor invitou a cidadanía a anotarse nesta formación vial que ensina as medidas de seguridade para o bebé e o posicionamento do carrito nos vehículos.
Os participantes están citados para a saída ás 09:45h na Praza do Rei
venres, 12 nov 2010
O departamento que dirixe Chus Lago programa a segunda etapa da senda, con saída no Monte dos Pozos e remate no Parque Forestal de Beade. A primeira das catro rutas do GR53 tivo lugar o pasado domingo, na que máis de 240 persoas camiñaron os 9,5 quilómetros da etapa. Para esta edición do "Vigo Camiño a Camiño", Medioambiente introduce como novidade a posibilidade de levar cans durante o percorrido
venres, 12 nov 2010
A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan un ciclo de cine infantil e xuvenil durante os fins de semana deste mes de novembro, que terá lugar no museo Verbum ás 17:30 horas. O programa comezará este sábado, coa proxección de "Pérez, o rato dos teus sonos" e segundo informa a Concellería de Igualdade, ten entrada de balde e libre ata completar o aforo.
venres, 12 nov 2010
O Auditorio Municipal acolle este fin de semana dúas novas actuacións dentro da programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura. Trátase do concerto que a Filhartrompía Quartet ofrecerá mañá sábado ás 20.30 horas e o espectáculo de ilusionismo da compañía Cayetano Lledó que terá lugar o domingo. As entradas pódense mercar na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo das actuacións.