Escoitar

O Concello respalda a gran festa veciñal, que terá lugar en Valladares o próximo domingo

O alcalde, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, acompañaron este xoves á dirección da Federación de Asociacións de Veciños na presentación da gran festa veciñal, que ten programados distintos actos desde ás 11 horas -gaitas, cantareiras, violíns ou guitarras- ata as 19 horas cun espectáculo de humor. Os veciños homenaxearán a traxectoria de persoas que "anónimamente" traballan a prol da cidadanía viguesa.

xoves, 11 nov 2010
1289482186festavecinos.jpg
O gran festa veciñal terá lugar en Valladares o próximo domingo con distintas actuacións musicais, de baile e humorísticas, actividade impulsada polo Concello de Vigo e no que se rendirá homenaxe a veciños e veciñas das parroquias viguesas.

O alcalde, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, acompañaron á presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, María Pérez, e a diretiva na presentación desta festa popular, na que participaron "activamente" todas as asociacións veciñais viguesas.

O programa de actividades dará comezo ás 11 horas con cantareiras e conxuntos musicais e terá continuidade pola tarde cun serán popular e o certame final de humor que porá punto e final ás 19 horas á xornada veciñal.

A gran festa veciñal tamén rendirá homenaxe a aqueles homes e mulleres que "anónimamente" veñen loitando pola mellora da cidade de vida da cidadanía viguesa, a proposta de cada unha das entidades veciñais.

O alcalde de Vigo amosouse "satisfeito" pola organización desta festa e tendeu a man ao colectivo veciñal no desenvolvemento de actividades que potencien o "movemento cívico da cidade". Pola súa banda, o tenente de alcalde eloxiou a "gran importancia do movemento veciñal na nosa cidade" e defendeu o papel destas entidades na reivindicación e mellora da cidade de vida da poboación viguesa.

A presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, María Pérez, agradeceu o respaldo ofrecido polo Concello de Vigo, que fai posible a celebración desta xornada, e destacou asemade a participación de todas as asociacións.
Descargar todas as imaxes