O alcalde visita as obras da nova gardería de Tomás Alonso, unha das tres que abrirá o Concello o próximo ano
Abel Caballero visitou este xoves os traballos de acondicionamento que leva adiante o Concello para habilitar en Tomás Alonso unha escola infantíl, un investimento de 250.000 euros que sumará 80 prazas ás actuais. O alcalde indicou que estanse a reformar outros dos espazos para ser convertidos en escolas infantís -en Mestres Goldar e en Casiano Martínez- prácticamente duplicando a oferta actual ao sumar o próximo ano 260 novas prazas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves as obras de construción da nova gardería de Tomás Alonso, unha das tres novas que está a preparar o Concello olívico para telas en funcionamento en 2011.
Segundo explicou o socialista, a reforma de Tomás Alonso suma un investimento de 250.000 euros e habilitará 80 novas prazas para nenos de entre 0 e 3 anos na cidade. Xunto a esta, o goberno local ven traballando no acondicionamento doutros dous "edificios singulares" en Casiano Martínez e en Mestres Goldar, para tamén telas en marcha o próximo ano.
Tomás Alonso, Casiano Martínez e Mestres Goldar representan un investimento municipal de un millón de euros e un total de 260 novas prazas de garderías para a cidade de Vigo, prácticamente o dobre das actuais, ao ampliar de catro a sete as escolas infantís municipais en marcha. Esta cifra ascenderá en 2011 a un total de once, pois Caballero recordou que os orzamentos do Concello para o ano que ven inclúen sendas partidas económicas para a construción doutras catro, en A Seara, A Doblada, Navia e Lavadores.
O alcalde de Vigo defendeu este "esforzo inversor moi importante" de "apoio social" que procura facilitar a conciliación laboral e familiar nos fogares vigueses. As tres escolas xa en marcha prácticamente duplican a oferta municipal para os máis pequenos e o obxectivo do Concello -coas catro máis programadas para 2011- é chegar as 1.000 prazas de garderías.
Xunto ás tres en obras e ás catro orzamentadas, o rexedor olívico sumou a do Parque Tecnolóxico de Valadares, construida con recursos municipais e que xestionará a Xunta de Galicia. Abel Caballero explicou que o goberno local xa aporta sobre 250.000 euros de subvencións á escolarización en cada unha das catro garderías que operan actualmente. O alcalde subliñou a "vocación" do goberno que preside pola "política social".
Descargar todas as imaxes