Escoitar

O Auditorio Municipal acolle mañá venres a comedia "Sexo? Por que non?", interpretada pola actriz Mercedes Castro

A programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura no Auditorio Municipal continúa mañá coa comedia "Sexo? Por que non?", que interpretará a actriz Mercedes Castro. A información completa da programación pódese consultar no 010 ou na web www.vigo.cultura.org.

xoves, 11 nov 2010
Nesta obra, a compañía Eme2 Emoción&Arte aborda o tema do sexo dende a perspectiva de que é unha parte central das vidas de todos e todas. Trátase dunha comedia trepidante na que desde Adán e Eva até os nosos días se mostran situacións cotiás entorno ao encontro carnal. É tamén unha comedia reflexiva, para mozos e maiores, cun punto de encontro humorístico para rachar cos tópicos e os tabús.

O prezo das entradas para asistir á representación é de 5 euros, que poden adquirirse anticipadamente a través da páxina web www.laboleteria.es ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo.

Cambio de data
Por outra parte, a representación da obra "Ñaque ou de piollos e actores" que a compañía Alicia Teatro tiña previsto realizar mañá adíase ao día 3 de decembro ás 20 horas na Asociaciación Veciñal de Lavadores. Esta obra forma parte do circuito de teatro afeccionado do programa Vigo a Escena 2010 que organiza a Concellería de Cultura.