martes, 9 nov 2010
O alcalde de Vigo recibiu "coa man tendida" a solicitude do conselleiro de Presidente, Alfonso Rueda, de reunir aos rexedores da Área Metropolitana para perfilar o futuro desta entidade. Caballero amosouse "encantado" de coñecer "todas as propostas" sobre a cuestión e defendeu unha "lei singular" de Área, sen coste para a cidadanía, sen duplicar administracións e con capacidade de goberno.
martes, 9 nov 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asistiu este martes, xunto ao concelleiro de Cultura, Xesus López, o inicio dos traballos de retirada do escudo e as incricións preconstitucionais do frontón da Casa das Artes. O nacionalista salientou que tras o remate deste proxecto, nun mes aproximadamente, a Casa das Artes "vai ser símbolo da liberdade e a democracia", ao supora a eliminación da simboloxía franquista un paso máis na recuperación da memoria histórica.
O alcalde visitou as instalacións do centro de formación para ver a marcha dos traballos
martes, 9 nov 2010
A peza será unha estrutura composta pola ponte dun pequeno barco realizado por alumnos de Caldeirería Industrial este ano e unha proa feita o pasado ano. Estudarase o equilibrio da composición para ser trasladada posteriormente a Navia. O alcalde destacou na visita o magnífico traballo realizado polos alumnos e felicitou ao centro de formación pola alta calidade das actividades que están a levar a cabo.
martes, 9 nov 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este martes unha nova mostra do ciclo "Mostrarte", no que consagrados e noveis artistas vencellados á cidade olívica expoñen o seu traballo na Alcaldía do Concello de Vigo. A iniciativa ábrese ao cómic coa presenza do vigués Alex Cal, o ilustrador máis novo en publicar coa editorial Marvel Comics, responsable de éxitos como Spiderman, entre outros. Desde 2009 debuxa para a serie G.I.JOE, onde incluiu distintas imaxes da cidade de Vigo.
martes, 9 nov 2010
O proxecto musical Xovigo traslada ao día 22 de novembro, no Auditorio Municipal, as probas de selección para participar no seu coro. Por outra banda, as probas para participar na orquestra mantéñense nos días 28 e 29 de decembro no Círculo Mercantil. O proxecto, impulsado pola Tenencia de Alcaldía e a Asociación Galega da Música está dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 25 anos.