O goberno local salienta que a aprobación do cuarto orzamento municipal consecutivo demostra "estabilidade" e "eficacia"
O Pleno da Corporación Municipal deu este luns -coa oposición do PP- a aprobación inicial ás contas do Concello para 2011, de 227 millóns, sendo a primeira vez na historia recente viguesa que se aproba un cuarto orzamento consecutivo. A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, defendeu "a gran atención social e educativa" do texto aprobado, que se presenta "cun gran obxectivo: crear emprego e facer cidade", e inclúe 18 millóns en investimentos.
Os votos de goberno local -conformado polos grupos socialista e nacionalista- aprobaron inicialmente este luns no Pleno da Corporación as contas do Concello para 2011, unha mostra da "estabilidade" e da "eficacia" do executivo vigués que foi quen de levar adiante catro orzamentos consecutivos, a primeira vez que acontece na historia recente de Vigo.
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, asegurou que o texto presta "gran atención social e educativa", enfocando como "gran obxectivo" a creación de emprego e "facer cidade". A edil socialista defendeu un orzamento -de 227 millóns de euros- "para as persoas", que responde ás "necesidades" da cidadanía, que diminúe a carga fiscal e o endebedamento municipal ao tempo que programa investimentos "por toda a cidade".
Díaz definiu este números de "austeros e eficaces", pois reducen en 1,5 millóns de euros a débeda do Concello -ao contratar un préstamo de 11 millóns e amortizar 12,5-, aforran 2 millóns en gasto corrente e 3,5 millóns en gastos de persoal -2,3 millóns derivados do decreto estatal do empregado público e 1,2 millóns pola política municipal de restructurar o cadro de persoal, o que permitirá asemade a creación de novas prazas para a Policía Local e os Bombeiros-.
"A crise non xustifica a redución de gastos sociais", aseverou a concelleira, polo que o próximo orzamento incrementa o investimento en axudas directas ás familias, mellora en políticas sociais e educativas, ademais do deporte, a cultura e a promoción turística da cidade, xunto ao mantemento dos viais públicos, a participación cidadá e a seguridade.
No tocante aos investimentos previstos, estes ascenden a 18 millóns de euros no próximo exercicio económico municipal de cara a "xerar emprego e eliminar desigualdades". Estes irán principalmente destinados ao departamento de Vías e Obras, con 8,5 millóns para levar adiante humanizacións nas rúas Panamá e Nicaragua, na Avenida de Castelao, na Praza de Independencia, na rúa Brasil, na rúa Aragón, en Pintor Colmeiro, en Troncoso, en Balaídos, Martínez Garrido, Ramón Nieto, Doctor Marañón, Menéndez Pelayo, Colombia, en Beade, Espiñeiro, en Teis, no parque de Castrelos, en Matamá-Pazos, na rúa Pino, Esperanto, Toledo, Severino Cobas e Manuel Álvarez.
Ademais, case un millóns de euros irán dirixidos a Parques e Xardíns para mellorar a Praza da Miñoca, a Gran Vía, o entorno de Balaídos, Teixugueiras, a Alameda de Navia, a Avenida de Castelao e o parque Rivera Atienza.
O teniente de alcalde, o nacionalista Santiago Domínguez, subliñou a "capacidade e estabilidade" do goberno local para aprobar un novo orzamento que volver ter coma obxectivo que a cidade "avance e se modernice" e dea "resposta" ás necesidades da cidadanía. Trátase para Domínguez dun "orzamento responsable" para afrontar a crise: "redobramos esforzos para atender a aquelas persoas que peor o están a pasar".
O nacionalista defendeu o "traballo moi importante" realizado ata o de agora na promoción da cidade, na cultura e na "recuperación do noso patrimonio histórico", no "apoio decidido" ao comercio, no deporte, na igualdade e na "posta en valor da nosa cultura a través da nosa lingua".
Enmendas
O Pleno da Corporación rexeitou incluir as modificacións presentadas polo grupo municipal do Partido Popular ás contas de 2011, definidas como "o orzamento da presunción, do electoralismo e do despilfarro", posto que -segundo afirmou o seu voceiro en economía, Jorge Conde- "non é un orzamento solidario, social nin inversor".
O grupo da oposición no Concello presentou enmendas por valor de 3,6 millóns de euros para que o Concello pague os terreos da expropiación da Cidade da Xustiza, para un centro de emprendedores e viveiro de empresas e para ampliar os convenios con entidades sociais e de caridade, para o que avogou por retirar partidas para a recuperación da Praza da Miñoca, o Museo da Radio, a Pinacoteca e o Centro Galego de Fotografía, entre outras.
O goberno local criticou que as alternativas do PP ao orzamento de 2011 buscan "aforrarlle diñeiro á Xunta de Galicia", ao querer que Vigo pague os terreos da Cidade da Xustiza e un centro de emprendedores como o que o goberno autonómico proxecta na chamada Gota de Leite.
PSdeG-PSOE e BNG argumentaron que os cambios propostos supón unicamente un 1,6% dos 227 millóns orzamentados para 2011, polo que -apuntan- os "populares" consideran que 98,4 de cada cen euros que investirá o Concello o próximo ano "están ben gastados".
Descargar todas as imaxes