O Concello paraliza parte da humanización de Celso Emilio Ferreiro ata que se cataloguen os vestixios romanos atopados
Abel Caballero mandatou este venres a paralización parcial da humanización de Celso Emilio Ferreiro debido aos restos arqueolóxicos romanos atopados no subsolo. As catas comezaron antonte e os arqueólogos municipais están a avaliar o que parecen ser pedazos de ánforas romanas. O alcalde felicitouse polo descubrimento e indicou que a humanización adaptarse aos restos atopados.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ordeou este venres a paralización parcial da humanización de Celso Emilio Ferreiro -na metade baixa da rúa- ao atoparse restos arqueolóxicos romanos no subsolo.
O Concello adopta esta decisión ata que os arqueólogos municipais cataloguen o que parecen ser partes de ánforas romanas. As catas comezaron o pasado mércores e o alcalde anunciou que a humanización adaptarase aos vestixios romanos recén atopados.
Abel Caballero asegurou que os primeiros datos apuntan a que trátase dun "xacemento de gran riqueza arqueolóxica", feito polo que felicitouse pois "enriquece o patrimonio arqueolóxico da cidade de Vigo". O alcalde concluiu que o goberno local xa está estudando os posibles plantexamentos de futuro para esta rúa, a expensas da catalogación dos vestixios atopados.
Descargar todas as imaxes