venres, 5 nov 2010
Abel Caballero reuníuse este venres co Comité de Empresa de POVISA para amosarlles o seu "apoio" polo ERE presentado pola dirección, que pon "en risco" aos 1.500 postos de traballo do centro, e demandou á Xunta de Galicia que xere "seguridade" nos empregos e na asistencia sanitaria da comarca viguesa. "Non asumimos que se xere incertidumbre sobre o futuro laboral de 1.500 persoas", concluiu o rexedor.
venres, 5 nov 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este venres que o feito de que máis de 3.500 persoas xa están abonadas ao complexo de auga de Coia-Florida na primeira semana de funcionamente supón "un gran éxito". Asegurouno no percorrido que realizou esta mañá polo complexo deportivo, xunto aos concelleiros de Deportes, Xabier Alonso, e Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, "para comprobar in situ" o funcionamento das instalacións.
venres, 5 nov 2010
Abel Caballero mandatou este venres a paralización parcial da humanización de Celso Emilio Ferreiro debido aos restos arqueolóxicos romanos atopados no subsolo. As catas comezaron antonte e os arqueólogos municipais están a avaliar o que parecen ser pedazos de ánforas romanas. O alcalde felicitouse polo descubrimento e indicou que a humanización adaptarse aos restos atopados.
venres, 5 nov 2010
A terceira edición do mercado de produtos tradicionais galegos, que se celebrará o domingo 7 de novembro de 11 a 14 horas no Paseo de Alfonso contará coa celebración dun obradoiro de monicreques e a representación de "O galo Quirico e os seus amigos". Segundo informa a Concellería de Patrimonio Histórico, se non fose posible a celebración no seu lugar orixinal debido as inclemencias climatolóxicas, o mercado trasladarase á Praza da Constitución.
venres, 5 nov 2010
A compañía de monicreques Galitoon interpretará o domingo 7 de novembro ás 18 horas a obra "Rosalía, a pulga que escribía" no Auditorio Municipal. Con esta representación volve ao Auditorio do Concello o teatro infantil dentro da programación estable de artes escénicas organizada pola Concellería de Cultura