Escoitar
Mobilidade, Seguridade e Transportes

Peche ao tráfico de diversas rúas

<br />

venres, 5 nov 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa Oresa, estará pechada ao tráfico a rúa Pi Margall, treito entre Llorente e López Mora, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 15 de novembro de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.
Os autobuses cara a Praza América deberán ir polas rúas Falperra, Cachamuíña, Blein Budiño e
Camelias.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de desmontaxe de guindastre torre a realizar pola empresa UTE Autditorio de Vigo, estará pechado ao tráfico o cruzamento das rúas Jacinto Benavente con Juan Ramón Jiménez, con acceso exclusivo para garaxes, dende o
venres 5 de novembro de 2010 ás 10.00 horas e por un período aproximado de dous días.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.