Escoitar

Bambalinas Asesinas, con Sergio Pazos e Tonino, representa mañá "Maté a un tipo" no Auditorio Municipal

O Auditorio Municipal acollerá mañá 5 de novembro ás 21 horas a obra "Maté a un tipo", a cargo da compañía Bambalinas Asesinas, dentro da programación estable de artes escénicas organizada pola Concellería de Cultura. O prezo das entradas para asistir á representación é de 7 euros, que poden adquirirse anticipadamente a través da páxina web www.laboleteria.es ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo. A información completa da programación pódese consultar no 010 ou na web www.vigo.cultura.org.

xoves, 4 nov 2010
"Maté a un tipo" é unha comedia negra destinada para público adulto que se convirte en drama surrealista até que un psicólogo empeza a afondar nas relacións desta familia de clase media onde o hábito de matar acaba por convertirse nun auténtico vicio. A compañía Bambalinas Asesinas, dirixida por Juan Codina, está integrada por Sergio Pazos, Tonino, Aisha Wizuete e Anaís Yebra.