O alcalde reiterou a súa "defensa inequívoca dos traballadores de Vulcano" e demandou o aval que permita a construción do buque 533
Abel Caballero manifestou este mércores a súa confianza en que a reunión de hoxe entre PYMAR (Pequenos e Medianos Astaleiros en Reconversión) coa dirección e os traballadores de Vulcano saia a decisión de avalar a construción do buque sísmico para que a empresa poida retomar a súa actividade. O alcalde reiterou a súa posición "inequívoca de defensa dos traballadores de Vulcano e concretada en que teñen que sacar desa reunión a fórmula para que PYMAR dea o aval dos 4,5 millóns de euros para que se poida concluír o buque 533".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confiou hoxe en que da reunión deste mércores en Madrid entre PYMAR e a dirección e os traballadores de Factorías Vulcano saia unha solución que permita ao astaleiro vigués continuar o ensablamento do buque sísmico 533.
O rexedor ratificou novamente a súa posición "inequívoca de defensa dos traballadores de Vulcano e concretada en que teñen que sacar desa reunión a fórmula para que PYMAR dea o aval dos 4,5 millóns de euros para que se poida concluír o buque 533". "Creo que non valen desculpas de ningún tipo para que desa reunión non salga esa decisión", concluíu o alcalde vigués.
Abel Caballero volveu defender os emprego e a posición que están a manter os traballadores de Factorías Vulcano desde que coñecéronse as dificultades polas que atravesa o histórico astaleiro vigués.
Descargar todas as imaxes