Escoitar

O alcalde recoñece o traballo da Fundación Mayo Rey volcada no proxecto de construción de pozos de auga en Camerún

Abel Caballero recibiu na mañá deste mércores a cooperantes desta Fundación que traballa en África Central para explorar e estudar a viabilidade de construír pozos de barrena nunha poboación fortemente castigada pola sequía. O alcalde loou o seu traballo e avanzou que terán a cooperación do Concello de Vigo.

mércores, 3 nov 2010
1288805721fundacion.jpg
O ex alcalde de Vigo Ventura Pérez Mariño é un dos cooperantes da Fundación e transmitiulle ao rexedor vigués os traballos que están a levar a cabo nesta zona de África. Polo de agora están a realizar prospeccións e tratando de escavar pozos de barrena que poidan dar de beber a unha poboación castigada pola falla de auga potable. Segundo lle trasladaron ao alcalde a Fundación pretende recaudar para este proxecto preto de 300.000 euros.
Descargar todas as imaxes