Escoitar

Caballero di que a Alcaldía, o Goberno de España e as navieiras CMHF e UECC traballan por levar adiante a autoestrada do mar

O alcalde destaca o apoio do goberno municipal aos representantes das navieiras adxudicatarias dos tráficos de PSA Peugeot Citröen e insiste en que se trata de emendar un "erro histórico do Porto de Vigo". Abel Caballero recibiu na mañá deste mércores a representantes das compañías CMHF (Compañía Marítima Hispano Francesa) e UECC, para trasladarlles o seu apoio na consecución da autoestrada do mar de Vigo

mércores, 3 nov 2010
1288805801naviera.jpg
Segundo explicou o rexedor, na reunión os empresarios transmitíronlle ao alcalde o momento no que están as negociacións con Acciona Trasmediterranea -adxudicataria da autoestrada do mar de Vigo-. Caballero avanzou que "van por bo camiño" aínda que incidiu en que é un asunto que "non é fácil" de resolver. "A Alcaldía, o Goberno de España e a navieira están facendo un enorme esforzo por emendar o erro da Autoridade Portuaria que lle podería acabar custando a Vigo a Autoestrada do Mar", dixo.

Tal e como explicou o alcalde "produciuse a asignación e constitución dunha empresa que non era a concesionaria dos tráficos de Citröen e non ten tráficos" polo que avogou por corrixir "o grave erro" do Porto olívico.

Nesta mesma liña Abel Caballero trasladoulle as empresas todo o apoio e o esforzo ao considerar que este é o momento de resolver unha cuestión de vital importancia para a economía da cidade de Vigo, na que traballan preto de 24.000 persoas no sector da automoción.
Descargar todas as imaxes