Santi Domínguez afirma que o novo Centro de Recepción de Visitantes coloca a Vigo na "primeira división" do turismo
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, destacou que o novo Centro de Recepción de Visitantes de Vigo, inaugurado hoxe na Estación de Ría, coloca á cidade na "primeira división" do turismo. O centro consta de 170 metros cadrados, distribuídos en diversos espazos "nos que se facilita a autoxestión dos visitantes", segundo salientou o nacionalista, mediante o uso das novas tecnoloxías e un plano xigante de Vigo que permite unha visión global da cidade.
"Hoxe é un día moi importante, porque Vigo merecía ter un espazo como este acorde coa oferta turística da cidade e co elevado nivel de captación de turistas que temos", destacou o tenente de alcalde no acto, que contou coa participación da delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e representantes do sector turístico da cidade.
Segundo explicou Santi Domínguez, Vigo carecía dun lugar de referencia para as persoas que visitan a cidade, polo que dende a Concellería de Turismo decidiuse impulsar un equipamento que reunira unha ampla oferta de recursos e servizos "pero que fora máis que un mero espazo no que ofrecer información".
O tenente de alcalde indicou o Centro de Recepción de Visitantes ponse en marcha dentro do Plan de Competitividade Turística de Vigo. Sinalou que para o seu deseño o equipo técnico percorreu diferentes centros turísticos co obxectivo de crear un centro moderno, innovador e que apostase polas novas tecnoloxías e o ecoloxismo. "Tiñamos claro que tiñamos que ser os mellores dotando á cidade dun espazo como este", afirmou.
O nacionalista destacou que a posta en marcha do centro permite mostrar unha "oficina de calidade e un servizo esmerado" de luns a domingo en horario ininterrumpido de 9 a 18 horas. Explicou que as instalacións inclúen unha zona de recepción, que fai referencia ao lema do Plan de Competitividade Turística de Vigo, "Turismo Urbano e de Ría", ao contar cun barco con matricula personalizada co día da inauguración do centro.
Tras a entrada accédese a un espazo de internet e pantallas táctiles, que facilitan toda a información sobre Vigo en tres idiomas. Santi Domínguez indicou que tamén hai un área reservada para merchandaising. Na zona interactiva amosarase o maior plano da cidade que existe, de 10x2 metros, no que segundo o tenente de alcalde "recóllense todos os espazos de interese para os visitantes". A través de localizadores poderá atopar no plano información sobre aloxamentos, praias, lecer, comercio, museos e exposicións, natureza, restauración e patrimonio histórico.
O Centro de Recepción de Visitantes conta tamén cun espazo denominado Vigo Film. Trátase dunha sala adicada a proxección de documentais, curtametraxes ou fragmentos de películas nos que apareza Vigo. O nacionalista sinalou que catro persoas se encargarán da xestión desta nova infraestrutura.
Santi Domínguez avanzou que nos vindeiros meses este centro completarase coa apertura do Centro de Interpretación de Vigo e a súa ría, nun espazo situado enfronte, e que contará coa maior maqueta que existe da cidade. Agradeceu, finalmente, o traballo dos técnicos e do equipo da Concellería de Turismo "por este fenomenal traballo" e asegurou que hoxe se "fai realidade a demanda de todos os sectores presentes" relacionados co turismo.
Descargar todas as imaxes